Re: [gl-discuss] Incoherencia na Axuda

classic Classic list List threaded Threaded
1 message Options
Anton Meixome Anton Meixome
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Re: [gl-discuss] Incoherencia na Axuda

-- abro un novo fío para maior claridade --

2012/3/29 Cristina Uceda Camba <[hidden email]>:
> Sigo traducindo a axuda, pero estou detectando varias incoherencias
> terminolóxicas... Por outra banda, non teño moi clara a diferenza entre a
> orde "Find" e "Search for" nin tampouco como as teño que traducir
> exactamente, en parte pola incoherencia que vos comento.
>
> Que fago?
>

O que detectas é esperable, nese e en moitos máis casos, sobre todo na
Axuda porque nunca tivo un traballo de harmonización como o que si se
fixo na IU. Hai, por tanto, de todo.

- inconsistencia no equivalente galego
- inconsistencia no orixinal inglés

O que imos facendo desde hai un par de anos (que se di pronto) é ir
traducindo o novo e axustando o vello. Procuramos que a cada palabra,
fórmula ou termo en inglés lle vaia correspondendo sempre o mesmo.
Penso eu que tampouco se poden considerar igual palabras xerais, que
admiten traducións variables que termos auténticos, que TEÑEN que ter
sempre a mesma. Neste caso, eu interpreto que se trata do mesmo
concepto con matices. Find será algo que necesariamente está, hai que
saber onde; Search for indica que se "mira a ver" se hai. A
recomendación agora sería

Find > Atopar (harmonizando: buscar, localizar, encontrar, atopar, ...)
Search for > Buscar (harmonizando: buscar, localizar, procurar, ...)

Digo que vas atopar mil casos destes, moitos deles que se nos pasan
outros que son herdados de 10 anos de tradución de mans diferentes
(cambio de normativa desde 2003 incluído). Por esa razón, neste
momento considero prioritario elaborar unha "terminoloxía" do
proxecto. De feito estou con ela e sáenme unhas 5000 unidades (termos
e UT complexas) que hai que traballar e que teremos que acordar e
consensuar, primeiro no equipo e logo levalas a tamén a Proxecto
Trasno para constrastalas cos demais proxectos. Nese momento xa non
serán recomendacións senón obriga dos tradutores e revisores
aplicalas.

O traballo de tradución pode seguir progresando sen problemas porque é
moito máis rápido corrixir ca traducir. Desgraciadamente eu fixera ao
principio todo ese traballo de harmonización de forma moi sistemática
durante semanas e logo, por incidencias do proxecto perdeuse por
problemas técnicos (cerre de OpenOffice.org, apertura de LibreOffice).
Así que, tomado agora con máis tranquilidade mentres se vai
consolidando LibO imos mellorando versión a versión, porque a
tradución está sempre aberta xa que en LibO son case mensuais (antes 2
ao ano).

Saúdos

> --
> Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
> O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
> As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
>



--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar