Re: [gl-discuss] Versión 4

classic Classic list List threaded Threaded
1 message Options
m.a.riosv m.a.riosv
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Re: [gl-discuss] Versión 4

El 05/02/13 2:18, Anton Meixome [via Document Foundation Mail Archive]
escribió:

> Ola a todos,
>
> A versión 4 sairá publicada segundo a previsión o día 6, é dicir, mañá.
>
> Aínda non está dispoñible a nota de prensa para adaptala e publicar en
> todos os idiomas.
>
> Respecto da localización, está feita ao 100% en galego (xunto con outros 28
> idiomas entre os que non está o español !!) Supuxo máis ou menos unhas 3600
> novas palabras e toda unha sección dedicada á localización de procesos
> estatísticos pero hai un pequeno problema que a ver se se resolve:
>
> Aparecen unhas 6 ou 7 cadeas sen localizar na RC3. Xa mandei un correo.
> Parece que é un problema que só nos afecta a algúns idiomas. Pedin que se
> fixese unha nova RC pero supoño que como máximo sacarán unha nova
> compilación xa definitiva.
>
> O malo é que son cadeas que aparecen nos menús da Barra estándar e por
> tanto son moi visibles (por exemplo Editar → Saír (que aparece como "Exit
> LibreOffice"). Se non se soluciona a tempo, teño a dúbida de se debemos
> promocionala para o público galego ou agardamos a que se corrixa, que sería
> dentro dun mes.
>
> Acaba de saír aínda o pasado día 3 a versión 3.6.5 á que non lle dou máis
> importancia porque a rama 3.6 xa é moi estable desde a versión 3.6.2. En
> todo caso faria fincapé na 3.6.6 que será última e por tanto a máis estable
> (prevista para mediados de abril).
>
> Calquera cousa xa sabedes... o correo é gratis
>
> Un saúdo,
>
>
> --
> Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
> Galician community LibO & AOO
>
> --
> ...
>

Ola Antón,

de calquera maneira, a lo menos as dúas primeiras revisións dunha rama
sempre son as mais problemáticas na súa estabilidade, e aínda que a nova
versión parece bastante estable, e difícil de saber en tanto non haxa un
uso masivo da mesma.

Non sei, e con sinceridade non o teño claro, o mellor como refires
sinalar de algún xeito a posible diferencia na estabilidade entre
ámbalas dúas versións.

Pois aínda que e importante a nova versión, paréceme tamén moi
importante a estabilidade no uso do programa que pode ter a 3.6.

Saúdos.
Miguel Ángel.