[gl-discuss] Excelentes novas traio

classic Classic list List threaded Threaded
4 messages Options
Anton Meixome Anton Meixome
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

[gl-discuss] Excelentes novas traio

De cando en vez un pouco de euforia non ven mal.

Os vindeiros días 19, 26 e 28 terá lugar en Santiago o IV Fiadeiro de
Localización. Entre outras cousas previstas vaise traducir un pouco da
Axuda en liña de LibO. En principio debería ser parte do wiki da
Axuda. Veremos porque detectei que aínda non se pode traballar aí.

http://help.libreoffice.org/Main_Page

Se non pode ser esa parte, seguramente cambiaremos por algo da Axuda
que estea en Pootle (moi necesitada) ou tamén do wiki xeral de
LibreOffice.


Por outra parte, comunícovos que algúns alumnos do Mestrado de
Tradución Audiovisual están traballando en colaboración con Trasno
para traducir o Manual do Writer.


Detectei un fallo na localización. Cando se instalan extensións
aparecen os botóns como

        \«Aceptar\» \«Eliminar\»

Nas cadeas de Pootle aparecen así

         \\«Acepta\\» \\«Eliminar\\» ... por exemplo

         Prema en \\«Aceptar\\» para activar a extensión.\n

Creo que o carácter de escape non é necesario, ou polo menos o dobre
escape paréceme absurdo ao utilizar as comas latinas, incluso creo que
non é necesario para introducir variábeis precedidas de coma simple.
Os outros idiomas, agás o castelań mantéñen eses caracteres, así que
tamén lles debería dar ese erro pero non vexo que ninguén o comente.
Voume arriscar a quitar. Déixoo así

          Prema en «Aceptar» para activar a extensión.\n

e con variábeis, en casos como

          You are about to install version $NEW of the extension \\'$NAME\\'.\n

          Vai instalar a versión $NEW da extensión $NAME.\n

Se alguén sabe que isto poida dar problemas por favor que o comunique.

Apertas,

Antón




--
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
damufo damufo
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Re: [gl-discuss] Excelentes novas traio



En 23/03/2012 19:03, Anton Meixome escribiu:

> De cando en vez un pouco de euforia non ven mal.
>
> Os vindeiros días 19, 26 e 28 terá lugar en Santiago o IV Fiadeiro de
> Localización. Entre outras cousas previstas vaise traducir un pouco da
> Axuda en liña de LibO. En principio debería ser parte do wiki da
> Axuda. Veremos porque detectei que aínda non se pode traballar aí.
>
> http://help.libreoffice.org/Main_Page
>
> Se non pode ser esa parte, seguramente cambiaremos por algo da Axuda
> que estea en Pootle (moi necesitada) ou tamén do wiki xeral de
> LibreOffice.
>
>
> Por outra parte, comunícovos que algúns alumnos do Mestrado de
> Tradución Audiovisual están traballando en colaboración con Trasno
> para traducir o Manual do Writer.
>
>
> Detectei un fallo na localización. Cando se instalan extensións
> aparecen os botóns como
>
>          \«Aceptar\» \«Eliminar\»
>
> Nas cadeas de Pootle aparecen así
>
>           \\«Acepta\\» \\«Eliminar\\» ... por exemplo
>
>           Prema en \\«Aceptar\\» para activar a extensión.\n
>
> Creo que o carácter de escape non é necesario, ou polo menos o dobre
> escape paréceme absurdo ao utilizar as comas latinas, incluso creo que
> non é necesario para introducir variábeis precedidas de coma simple.
> Os outros idiomas, agás o castelań mantéñen eses caracteres, así que
> tamén lles debería dar ese erro pero non vexo que ninguén o comente.
> Voume arriscar a quitar. Déixoo así
>
>            Prema en «Aceptar» para activar a extensión.\n
>
> e con variábeis, en casos como
>
>            You are about to install version $NEW of the extension \\'$NAME\\'.\n
>
>            Vai instalar a versión $NEW da extensión $NAME.\n
>
> Se alguén sabe que isto poida dar problemas por favor que o comunique.
Eu penso que estás no correcto, pero é unha suposición.
Dame a impresión que pasa como en python que a primeira barra "escapa" a
segunda por iso logo aparece no tecto do botón.
Xa nos contarás que tal foi.


> Apertas,
>
> Antón
>
>
>
>

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar
Cristina Uceda Camba Cristina Uceda Camba
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Re: [gl-discuss] Excelentes novas traio

In reply to this post by Anton Meixome
Eu apúntome a traducir os contidos da axuda en liña cando faga falla. Podes
darme máis información en canto se solucione o problema?

Un saúdo.

--
Cristina Uceda Camba
Traductora EN/FR>ES
Traductora jurada EN>ES

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar

Anton Meixome Anton Meixome
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

Re: [gl-discuss] Excelentes novas traio

In reply to this post by Anton Meixome
Ola Cristina e benvida á lista oficial de coordinación de LibreOffice en galego.

Moita falta fai o de meterlle o dente á Axuda en liña.
Moito ánimo e tómao como algo do que se goza e se aprende, sempre.
Como consello, é preferible que te poñas un ritmo de cadeas diarias ou
semanais a que te metas unha zampada esporádica e te desanimes. Cando
eu comecei, traducía unhas 50 cadeas diarias (sen TMX, nin glosario,
nin nada...) co tempo son bastante capaz de dobrar diariamente esa
media. En revisión poden ser unhas 300 diarias cando estou a iso.

Ás veces, iso si, unha cadea lévame un día enteiro. Así que xa ves que
cada un debe levar a cousa co seu propio ritmo. Constancia é o único
importantísimo. Xa tes os permisos para acceder e traducir en Pootle.

Procedemento:
- Anunciar o que se vai facer, o cartafol ou o ficheiro no que se vai
traballar para aviso de todos
- Avisar cando remates algún ficheiro ou unha tacada de cadeas para
facer a revisión, por medio desta lista.
- Non dubides nin un instante en preguntar calquera dúdiba ou en pedir
opinión. Se ninguén responde, quedará ao teu criterio.
- Sobre estilo e terminoloxía temos unha certa tradición e unhas
recomendacións de criterio. Hai que seguilas
- A miña principal responsabilidade como coordinador é garantir unha
colaboración eficiente e manter correctamente informados a todos os
interesados.

@todos/as

Por se acaso, para os que son antigos seguidores do proxecto (antes
OOo.org e agora LibO/AOO)  aclaro unha cuestión.

Nos tempos de OpenOffice.org había dúas cuestións moi distintas: a
Axuda que viña incorporada coa suite cando a instalabas e o Wiki de
axuda. A Axuda nunca pasou do 50% de nivel de tradución desde o 2000
cando se inicia o proxecto e, de feito, ao non rematar esta fase, o NL
(Equipo de Lingua Nativa galego nunca pasou do nivel 2 ao nivel 1,
onde se pasaba de traducir a producir comunidade social. Respecto do
Wiki, pois aínda peor, non recordo nin unha soa páxina do antigo Wiki
traducida. É ben certo que, nesa etapa, chegar a obter os permisos e
mesmo traducir e facer compilacións, probas, informes, etc era
suficientemente complexo como para que, sempre con pouca xente e
discontinua, non se podía chegar a máis.

Agora en LibreOffice decidíronse desde o principio novas regras.
A Axuda "empaquetada" xa non se inclúe na descarga co obxectivo de
diminuír a sobrecarga de servidores e facilitar a difusión en gran
parte do mundo onde o largo de banda de conexión é un grave problema
(América Latina, Asia, África, zonas rurais por todo o mundo,...)

Fusionaranse o Wiki e a Axuda de modo que tanto a Axuda que se
empaquetará para descarga opcional como para consulta en liña sexa a
mesma e sostible no esforzo da comunidade. Este é o proceso que está
en marcha: conversión da antiga Axuda en formato Wiki, e proceso
inverso para poder facer o paquete de descarga.

Esa é a razón pola que aínda non se pode traducir a Axuda no Wiki,
está en proceso de conversión. Así que se pode ir adiantando no Pootle
porque se trasladará ao futuro Wiki Help.

Apertas,

Antón



2012/3/25 Cristina Uceda Camba <[hidden email]>:

> Eu apúntome a traducir os contidos da axuda en liña cando faga falla.
> Pódesme dar máis información cando o problema estea resolto?
>
> Grazas, unha aperta.
>
>
> --
> Cristina Uceda Camba
> Traductora EN/FR>ES
> Traductora jurada EN>ES
>



--
Antón Méixome - TDF member 105
Blog about Galician Office Suite
Galician community OOo.org & LibO
http://blog.openoffice.gl

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar