[gl-discuss] ODT-PDF-Copias impresas

classic Classic list List threaded Threaded
1 message Options
Anton Meixome Anton Meixome
Reply | Threaded
Open this post in threaded view
|

[gl-discuss] ODT-PDF-Copias impresas

Documentación de LibO

Para información do grupo galego

As versións oficiais dos Manuais (Guides) fanse no sitio de ODFAuthors, en
odt
http://www.odfauthors.org/libreoffice

A explicación está en que antes era un grupo independente o que facía os
manuais. Desde o fork, a comunidade ODFAuthors tamén ten que dividirse (é a
parte máis lamentable de todo isto). Supoño que temporalmente siguen a
utilizar a estrutura anterior


En concreto na sección de ingles
http://www.odfauthors.org/libreoffice/english

O traballo coordínase na lista de correo de documentación e no wiki
http://nabble.documentfoundation.org/Documentation-f1645240.html

Refírome aquí aos manuais de LIbO, os de Apache OpenOffice supoño que
pronto irán por outro camiño.

Pero aí non se poden obter os ficheiros para descarga libre, só se anuncian
as versións impresas que se poden comprar en Lulu.com mercede a unha oferta
que a TDF aprobou para que unha empresa alemá fixese a conversión e xestión
necesaria.

A partir da aprobación final dunha versión, publícase no wiki en inglés e
logo os equipos locais fan as súas traducións

Cando están listas, publícanse no web oficial de LibO
http://www.libreoffice.org/get-help/documentation/

Por tanto

- se queres participar na redacción → ODFAuthors
- se queres participar na galeguización → Wiki, e listas de correo
http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Publications

En galego (hai que cambiar totalmente esta páxina)

http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Publications/gl

- difusión ao público en formato dixital → web oficial

- conseguir unha copia impresa, comprándoa, se alguén se encarga de
publicala ou de xestionala.

 Un vistazo xeral ao proceso
http://wiki.documentfoundation.org/Documentation/Development


Penso que resulta evidente que necesitamos máis xente e máis traballo na
comunidade se queremos ter o proxecto máis ao día.


--
Antón Méixome - Galician Native Lang Coordination
Galician community LibO & AOO

--
Correo a [hidden email] para saber como desubscribirse
O arquivo está dispoñible en http://listarchives.libreoffice.org/gl/discuss/
As mensaxes enviadas a esta lista terán arquivo público, non se poderán borrar